3º INFORME DE AVALIACIÓN DA SUBCOMISIÓN TÉCNICA DELEGADA DA COMISIÓN MUNICIPAL DE DESAFIUZAMENTOS MAIO 2013

Este informe abrangue desde a creación da Comisión municipal de desafiuzamentos, o 26 de Decembro de 2012, ata o 3 de Maio de 2013.

PODES DESCARGALO PREMENDO AQUI

logodesaf_2

Publicado en Sin categoría | Etiquetado | Deixar un comentario

Proposición de Lei de medidas para reforzar a protección aos debedores hipotecarios, reestruturación de débeda e aluguer social”

As medidas contempladas na “Proposición de Lei de medidas para reforzar a protección aos debedores hipotecarios, reestruturación de débeda e aluguer social” non dan resposta á gravidade e dimensións do problema hipotecario xerado en España e do que son vítimas centos de miles de persoas.

Esa é a valoración xeral de ADICAE en relación a un texto que non só non establece medidas urxentes fronte ao crecente risco de perda das súas vivendas que afrontan as 200.000 familias inmersas en procedementos de execución hipotecaria (segundo datos do CGPJ) e outras 300.000 que están ao límite das súas capacidades, senón que non contempla reformas de fondo ante unha lexislación hipotecaria xa recoñecida como anticuada, inxusta e abusiva por innumerables institucións españolas e europeas.

A limitación ás costas xudiciais (o 5% da cantidade reclamada) supón 10.000 euros de débeda engadida para unha hipoteca de 200.000 euros, o que segue resultando abusivo e gravemente prexudicial para os hipotecados.

De acordo aos intereses da banca, séguese tentando lexitimar o uso de cláusulas “suelo”, hipotecas multidivisas e contratos de cobertura de tipos, que supuxeron a ruína para millóns de familias e constitúen prácticas, condicións e contratos abusivos.

Ante esta situación  a orientación dun debate centrado na denominada “dación en pago” terminouse convertendo nun obstáculo ao adecuado desenvolvemento da proposición de lei. Por iso,  a asociación dirixirase a todos os senadores de todos os grupos políticos para instarlles a incorporar ao texto que remitirá o Congreso toda unha serie de emendas e melloras que permitan que a norma final supoña avances de calado e responda con eficacia aos graves problemas existentes. Continuará realizando Foros Hipotecarios durante as próximas semanas coa presenza de membros de organizacións sociais, expertos e institucións para axuntar esforzos co fin de desenvolver e esixir medidas realmente efectivas que resolvan os problemas de fondo da estrutura hipotecaria.

Ademais, ADICAE considera xa inaprazable a adopción, ben sexa mediante a norma en tramitación, ou a través dun Real Decreto, da moratoria de paralización por tres anos de todas as execucións hipotecarias iniciadas e por iniciar sobre aquelas familias que, tanto por razóns sobrevindas como polas prácticas abusivas da banca, atópense coa imposibilidade de facer fronte ás súas hipotecas.

Real estate

Publicado en Sin categoría | Deixar un comentario

Foro hipotecario: “Os consumidores ante os actuais problemas coa vivenda”

A Plataforma Hipotecaria de ADICAE desenvolve do 8 ao 12 de abril numerosos Foros Hipotecarios por toda España, nos que participarán importantes representantes dos principais partidos políticos. Actos  nos que se plasmarán as conclusións dos foros que tiveron lugar hai escasas semanas con entidades sociais, co obxectivo de chegar a un consenso que sirva para impulsar dunha vez por todas a necesaria reforma da lexislación hipotecaria en España.

En Culleredo,  desenvolverase un Foro hipotecario titulado: “Os consumidores ante os actuais problemas coa vivenda”. A actividade terá lugar o 11 de abril no Pazo de Vila Melania en horario de 17:00 a 20:00 horas.

O foro  aberto o público e gratuito, tenta ser unha iniciativa para o debate entorno á problemática que se está a dar coa vivenda. Participarán representantes políticos do Parlamento Galego, da mediación extraxudicial  e do eido xurídico.

Podes descargar o programa premendo AQUI

cartaz foro

Publicado en evento, novas | Etiquetado , , , | Deixar un comentario

DISPOÑIBILIDADE DE ACCESO AO FONDO SOCIAL DE VIVENDA

Despois da aprobación para a  adhesión ó Fondo Social de Vivenda no Pleno Municipal do pasado luns, dende a OMIC e a Comisión de Desafiuzamentos achegamos a información sobre este recurso.

Requisitos de acceso

  • Familias numerosas, monoparentais con dous fillos ao cargo; aquelas cun menor de tres anos; cun membro en situación de dependencia, incapacitado para traballar ou cunha discapacidade que supere o 33%.
  • Familias nas que o debedor hipotecario este desempregado esgotándose a súa prestación, ou nas que haxa vítimas de violencia de xénero.

Os solicitantes poden acceder con cumprir UN dos supostos.

Requisitos económicos

  • Os ingresos da unidade familiar deben ser inferiores a tres veces o Indicador Público de Rentas (IPREM), é dicir, uns 1.597 euros mensuais ou 19.164 euros anuais.
  • A carga hipotecaria ten que haber crecido 1,5 veces desde 2008.
  • A cota mensual da hipoteca debe superar o 50% dos seus ingresos.

Neste apartado o solicitante ten que reunir as TRES condicións.

Outras condicións

  • O desaloxo da súa única vivenda das familias beneficiarias ten que haberse producido despois do 1 de xaneiro de 2008.
  • A contía do contrato de aluguer estará entre 150 e 400 euros mensuais, cun límite no 30% da renda neta da familia.
  • Os acordos terán unha duración de dous anos, prorrogables por outro máis, que poderán ser cancelados antes se a entidade detecta que as familias saen do umbral de protección establecido.
  • A selección estará en mans dunha comisión na que participarán tanto as administracións públicas, incluíndo ás municipais, como organizacións no gobernamentais.
  • Os concellos e deputacións terán un prazo de 15 días para elaborar un informe sobre os peticionarios, unha vez que as entidades de crédito lles remitan a información.

Para mais información, non dubides en solicitar cita cos Servicios Sociais

logodesaf_2

Publicado en novas | Etiquetado , , , | Deixar un comentario

CRÉDITO FÁCIL… A QUE CUSTE?

Basta con ver a TV durante un intre, sobre todo polas mañás e de madrugada: non tarda en aparecer un anuncio que nos ofrece até 3.000 euros para facer o que queiramos, unha viaxe, comprarnos un televisor, unhas vacacións…   En 48 horas e só cunha chamada telefónica. Tán fácil?

Estes créditos son ofrecidos por establecementos financeiros de créditos (EFC). Non son bancos nin caixas, pero si son entidades supervisadas polo Banco de España. Son legais. O cal non quere dicir que non sexan perigosas: o crédito fácil ten as súas contraprestacións.

As vantaxes destes créditos son, fundamentalmente, a facilidade para a súa tramitación e concesión (non se investiga o destino do diñeiro prestado, nin é un impedimento figurar nunha listaxe de morosos), e a confidencialidade ao redor do proceso (os datos non se comunican a ningunha outra entidade: ninguén ten por que saber que se ten esta débeda).

As desvantaxes: a máis evidente o custo do crédito (con taxas de interese superiores ao 20%, moito máis elevadas que as dun banco tradicional), pero tamén hai que ter en conta a pouca flexibilidade para cancelacións ou modificacións do crédito, así como a maior presión executiva en caso de incumprimento.

Por todo iso, esta é unha alternativa de crédito que, a pesar das bondades anunciadas en televisión, é necesario tomar con moita precaución para evitar que se converta nunha trampa desagradable.

Se xa solicitache en algunha ocasión este servizo, ou queres saber mais, non dubides en acompañarnos o próximo 3 de abril, no Centro Social de Fonteculler

Imaxe

Publicado en Sin categoría | Etiquetado , , , , | Deixar un comentario

CONTINÚA A VERGOÑA DAS PREFERENTES

O Fondo de Reestruturación Ordinaria Bancaria (FROB) anunciou  AS QUITAS  a aplicar nas participacións preferentes dos bancos nacionalizados. O recorte medio oscilará entre o 38 e o 61%, segundo informou nun comunicado o organismo dependente do Banco de España.

BANKIA

A QUITA  media do 38% para as participacións preferentes de Bankia, do 13% para a débeda subordinada con vencimiento e do 36% se se posúe débeda subordinada perpetua.

NCG BANCO

A QUITA media para as participacións preferentes será do 43%. No caso da débeda subordinada,  a quita para os tenedores da entidade galega situarase no 41% para a perpetua e no 22% con vencimiento.

CATALUNYA BANC

Son os clientes máis prexudicados. A quita media para as participacións preferentes será do 61%, do 40% para os tenedores de débeda subordinada perpetua e do 15% con vencimiento.

BANCO GALEGO

A quita media para as participacións preferentes será do 50% e na débeda subordinada perpetua do 39% e do 11% con vencimiento.

Ademais, o organismo público decidiu reducir o nominal da acción de Bankia de 2 euros a un céntimo e realizar despois unha ampliación de capital de 15.540 millóns de euros.

davilapreferentes

Publicado en novas | Etiquetado | Deixar un comentario

Un dictamen europeo considera abusiva a lei española de desafiuzamentos

A avogada xeral do Tribunal de Xustiza da UE (TUE), Juliane Kokott, ditaminou o pasado xoves que a lei española de desafiuzamentos vulnera a normativa comunitaria porque non garante unha protección eficaz dos consumidores fronte a posibles cláusulas contractuais abusivas nas hipotecas.

A lei española non permite paralizar o desafiuzamento invocando unha cláusula abusiva, senón que esta cuestión debe solucionarse noutro xuízo unha vez que xa se executou a expulsión. Nas súas conclusións , a avogada xeral lembra en primeiro lugar que, ao non existir no dereito da UE unha armonización das medidas de execución forzosa, corresponde aos Estados membros establecer as modalidades procesuais.

No entanto, o ditame precisa que a regulación procesual nacional non pode conducir a que se obstaculice a invocación dos dereitos garantidos ao consumidor pola directiva europea contra as cláusulas contractuais abusivas. Neste sentido, a avogada xeral estima que “a regulación procesual española é incompatible coa directiva, pois menoscaba a eficacia da protección que esta persegue”.

“Non constitúe unha protección efectiva contra as cláusulas abusivas do contrato o que o consumidor, por mor de ditas cláusulas, deba soportar indefenso a execución da hipoteca coa consecuente poxa forzosa da súa vivenda, a perda da propiedade que a acompaña e o desaloxo, e que só con posterioridade estea lexitimado para exercitar a acción de danos e prexuízos”, resalta Kokott.

Ao contrario, a norma europea esixe “que o consumidor dispoña dun recurso legal eficaz para demostrar o carácter abusivo das cláusulas do seu contrato de préstamo, mercé ao cal, se se dá o caso, poida deterse a execución forzosa”.

A avogada xeral insiste en que o xuíz debe ter a posibilidade de suspender a execución forzosa ata que se comprobou o carácter abusivo dunha cláusula contractual, de modo que se impida que o procedemento executivo cre en prexuízo do consumidor unha situación que posteriormente sexa de moi difícil ou imposible reparación.

Lei desafiuzamentos

Publicado en novas | Etiquetado | Deixar un comentario

BONO SOCIAL PARA A TARIFA ELÉCTRICA

Para protexer aos consumidores máis indefensos das continuas subidas da luz, o Ministerio de Enerxía creou no seu día un desconto especial que permite aforrar máis dun 20% na factura. Trátase do chamado Bono Social  que axuda a familias numerosas e fogares con poucos ingresos ao recortar a súa factura da luz e permitir que cheguen mellor a fin de mes. É doado solicitalo se se cumpren unha serie de requisitos.

1. Como pedir o Bono Social

Primeiro hai que cumprir tres condiciones:

  • Que quen pide o Bono Social sexa o titular do contrato da luz.
  • Que o Bono Social  se solicIte para a residencia habitual (non vale para residencias de verán ou temporais).
  • Que quen pide o Bono Social teña contratada a TUR.

A TUR (Tarifa de Último Recurso) é unha tarifa regulada polo Ministerio á que pode acollerse todo o que teña unha potencia de 10 kW ou inferior.

  • Se estás xa na TUR, o nome da empresa que asina as túas facturas é un dos que aparecen cos teléfonos no seguinte cadro.
  • Se non estás na TUR, tes que chamar a algunha das 5 compañías que a ofrecen. Existe a posibilidade de que o teu contrato teña un compromiso de permanencia en vigor, polo que terás que esperar a cumprilo ou pagar unha penalización. Unha vez na TUR non terás ningún compromiso de permanencia.

Estes son os teléfonos:

  • Endesa Enerxía XXI S.L.U: 800 760 333
  • Iberdrola Comercialización de Último Recurso S.A.U: 902 201 520
  • Gas Natural S.Ou.R., S.D.G., S.A.: 900 100 259
  • HC Naturgás Comercializadora Último Recurso S.A.: 900 907 000
  • E.ON Comercializadora de Último Recurso S.L.: 900 118 866

Para que che concedan o Bono Social tes que cumprir algún destes requisitos:

  • A túa potencia é inferior a 3 kW (a potencia contratada figura na túa factura). Neste caso nin sequera hai que solicitar o Bono Social e a compañía debería aplicarcho automáticamente.
  • Na casa vive unha familia numerosa da que formas parte.
  • Todos os membros da familia están en paro.
  • Estás xubilado, tes máis de 60 anos e percibes a pensión mínima.

2. Como conservar o Bono Social

As compañías eléctricas están obrigadas a revisar que todo o que ten o Bono Social cumpra os requisitos, pero veñen dándose casos de  retirarllo a algunhas familias numerosas sen dar explicacións.  A Comisión Nacional da Enerxía interveu para lembrarlle ás eléctricas que deben reactivar o Bono Social a estes clientes e recalcular as facturas que lles estiveron cobrando sen descontos.

Se tes o Bono Social, comproba que nas túas facturas  se manteñen os seus descontos e reclama á túa compañía se consideras que cho retiraron sen motivo. Dende  as oficinas da OMIC Culleredo podemos axudarte.  Lembra tamén que si perdiche o dereito a ter Bono Social estás obrigado a comunicalo. O castigo por non facelo é que recalculen as túas facturas cunha penalización do 10% sobre a tarifa TUR vixente.

tur

Publicado en novas | Etiquetado , | Deixar un comentario

REESTRUCTURACIÓN BANCARIA: CON QUEN TEÑO CONTRATADO?

A estas alturas, xa todos temos claro que  se abre un novo panorama bancario e financieiro tras varios anos de crise económica.  Os evidentes problemas de liquidez
de moitas entidades financieiras como consecuencia da burbulla
inmobiliaria, a nacionalización de entidades, a desaparición das Caixas de
Aforro, etc crean  un novo mapa bancario.

Premendo AQUI, podes consultar quén e quén na sempre liosa banca

reestructuracion-bancaria_fusions-bancos-españa

Publicado en novas | Etiquetado , | Deixar un comentario

CAMPAÑA INFORMATIVA

cartaz charla ok-1

Publicado en evento, novas | Etiquetado , , , | Deixar un comentario