TALLERES

1 Que prazo de garantía ten que dar o taller no que me reparan o vehículo?

A garantía estabelecida legalmente para as reparacións realizadas polos talleres é de 3 meses ou 2000 km (o que antes cumpra), salvo para vehículos industriais ou motocicletas de até 125 cc, para os que se reducirá o prazo a 15 días. Todo isto sen prexuízo de que esta garantía sexa ampliada polo propio taller (neste caso terá que reflectirse por escrito ).

2 Facilitáronme o presuposto verbal para a reparación do meu coche. Chegada a hora de pagar a factura, o seu importe é moi superior ao presupostado?

 

Deberían de terlle facilitado un presuposto por escrito do que custaría a reparación solicitada e non poderían modificarllo salvo que fosen detectadas durante a reparación, avarías ou defectos non previstos ou non presupostados, sempre e cando se puxeran en coñecemento do consumidor con expresión do seu importe, e só cando o cliente dese a súa conformidade, poderá realizarse a reparación.
Só poderá omitirse a entrega de presuposto cando se asinase no resgardo de depósito a renuncia expresa a este.
Hai que salientar que pode procederse ao cobro da elaboración do presuposto confeccionado se o consumidor non o acepta e se lle teña informado deste feito no resgardo de depósito, así como dos traballos necesarios para a súa elaboración e prezo estimado deles.