ELECTRICIDADE

A elección de subministrador. A comparación de ofertas de enerxía no mercado minorista


A Comisión Nacional de Enerxía desenvolveu unha ferramenta web que permite comparar para o perfil de cada consumidor, o valor económico e características das ofertas de subministración de electricidade ou de gas e conxuntas para ambas as dúas subministracións a partir da información actualizada que se obtén das empresas comercializadora que operan no mercado minorista español.

Con esta finalidade e para que os consumidores poidan realmente escoller a subministración que máis lles conveña, é necesario que o consumidor poida buscar e comparar, de xeito rápido e sinxelo, os prezos e servizos asociados ás ofertas de subministración de gas e electricidade, para así seleccionar e contratar a máis interesante para as súas características.

Para suplir esta carencia, a Comisión Nacional de Enerxía desenvolveu un comparador de ofertas de subministración de gas e electricidade, dispoñible na dirección www.comparador.cne.es.

A utilización de ferramentas de comparación de prezos de diferentes servizos en internet xa é moi común nalgúns sectores como nos voos por avión ou os hoteis, e pouco a pouco se vai estendendo a outro tipo de servizos, como o sector de seguros ou as telecomunicacións.

Funcionamento do comparador
O obxectivo do comparador da CNE é poñer a disposición dos consumidores toda a información necesaria para elixir a oferta de subministración de gas ou de electricidade que máis conveña ao consumidor e, posiblemente, aforrar un pouco de diñeiro.
Para iso, o comparador ten dous módulos diferenciados, un módulo de administración, que serve para a introdución das ofertas por parte das compañías de gas e electricidade (os comercializadores), e o módulo principal, que é a parte pública do comparador, que permite aos consumidores a realización das consultas.

As compañías comercializadoras de gas e de electricidade están obrigadas a comunicar as súas ofertas á Comisión Nacional de Enerxía, cunha estrutura estándar adaptada aos requisitos do comparador, de maneira que posteriormente as ofertas se poidan presentar ao consumidor dun xeito clara e ordenada

Como utilizar o comparador?
O consumidor debe acceder á dirección http://www.cne.comparador.es, onde ten que encher a seguinte información:

  • Tipo de subministración: gas/ electricidade / ofertas conxuntas
  • Código postal correspondente ao seu domicilio ou negocio
  • Datos de consumo anual (en kWh) e no caso da electricidade, a potencia contratada. Para que a comparativa se axuste mellor ás características do consumidor, é conveniente que estes datos sexan os consumos reais da súa vivenda no último ano.

Cando non dispón desta información, o comparador proporciona unha axuda co consumo estimado de varios consumidores tipo. Por exemplo, no caso da electricidade, un dos consumidores tipo correspóndese cunha vivenda que, ademais dos electrodomésticos habituais, dispón de aire acondicionado ou bomba de calor eléctrica. A este consumidor tipo asígnaselle unha potencia contratada de 5,5 kW e un consumo de 5.000 kWh ao ano.

Unha vez introducidos estes datos, o comparador presenta todas as ofertas de subministración dispoñibles no mercado para as características da subministración seleccionada. O comparador ordena os resultados da busca por prezo anual no primeiro ano (impostos incluídos).

Para cada oferta do listado, picando en “consultar detalle” accédese a unha Ficha de Prezos co detalle do cálculo dos importes anuais estimados. Dende esta ficha pódese acceder a outra Ficha de Características. Na ficha de características móstrase información detallada da oferta: duración da oferta, condicións de revisión de prezos, condicións de permanencia e características dos servizos adicionais.

Todas as pantallas se poden imprimir ou converter a un documento en formato electrónico (PDF) para a súa posterior consulta polo consumidor.

Tamén dende a paxina da CNE ou premendo AQUI, podes descargar os dereitos dos consumidores de electricidade