DISPOÑIBILIDADE DE ACCESO AO FONDO SOCIAL DE VIVENDA

Despois da aprobación para a  adhesión ó Fondo Social de Vivenda no Pleno Municipal do pasado luns, dende a OMIC e a Comisión de Desafiuzamentos achegamos a información sobre este recurso.

Requisitos de acceso

  • Familias numerosas, monoparentais con dous fillos ao cargo; aquelas cun menor de tres anos; cun membro en situación de dependencia, incapacitado para traballar ou cunha discapacidade que supere o 33%.
  • Familias nas que o debedor hipotecario este desempregado esgotándose a súa prestación, ou nas que haxa vítimas de violencia de xénero.

Os solicitantes poden acceder con cumprir UN dos supostos.

Requisitos económicos

  • Os ingresos da unidade familiar deben ser inferiores a tres veces o Indicador Público de Rentas (IPREM), é dicir, uns 1.597 euros mensuais ou 19.164 euros anuais.
  • A carga hipotecaria ten que haber crecido 1,5 veces desde 2008.
  • A cota mensual da hipoteca debe superar o 50% dos seus ingresos.

Neste apartado o solicitante ten que reunir as TRES condicións.

Outras condicións

  • O desaloxo da súa única vivenda das familias beneficiarias ten que haberse producido despois do 1 de xaneiro de 2008.
  • A contía do contrato de aluguer estará entre 150 e 400 euros mensuais, cun límite no 30% da renda neta da familia.
  • Os acordos terán unha duración de dous anos, prorrogables por outro máis, que poderán ser cancelados antes se a entidade detecta que as familias saen do umbral de protección establecido.
  • A selección estará en mans dunha comisión na que participarán tanto as administracións públicas, incluíndo ás municipais, como organizacións no gobernamentais.
  • Os concellos e deputacións terán un prazo de 15 días para elaborar un informe sobre os peticionarios, unha vez que as entidades de crédito lles remitan a información.

Para mais información, non dubides en solicitar cita cos Servicios Sociais

logodesaf_2

Estas entrada foi publicada en novas coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

Deixar un comentario