COMERCIO XUSTO

Cando se fala de Comercio Xusto, non se quere dicir que o comercio convencional sexa sempre inxusto, senón que é só unha maneira de falar, é unha forma de diferencialo do comercio convencional. O que se quere dicir coas palabras “Comercio Xusto”, é en realidade expresar unha idea, fálase de Comercio Xusto refírese a “Comercio Alternativo” (en inglés: Alternative Trade).

O comercio xusto = comercio alternativo = comercio solidario

O Comercio Xusto é unha proposta alternativa ao comercio internacional convencional baseada en garantir aos produtores do Sur unha compensación xusta polo seu traballo, asegurándolles un medio de vida digno e sustentable e o goce dos seus dereitos laborais.

O Comercio Xusto é por tanto, unha ferramenta de cooperación para colaborar á erradicación da pobreza nos países en desenvolvemento e axudar ás poboacións empobrecidas a saír da súa dependencia e explotación. As organizacións de Comercio Xusto constitúense nun sistema comercial alternativo que ofrece ao produtores acceso directo aos mercados do Norte e unhas condicións laborais e comerciais xustas e igualitarias.

Que distingue ou caracteriza unha transacción de Comercio Xusto?

Existen tres condiciones básicas que deben ser cumpridas para definir unha transacción como Comercio Xusto.

  • Debe existir unha relación directa entre produtores e consumidores, evitando ao máximo os intermediarios ou especuladores.
  • Débese practicar o “prezo xusto” que permita ao produtor e á súa familia vivir dignamente do seu traballo.
  • Establecer relacións e contratos a longo prazo baseados no respecto mutuo.

Criterios de integración:

  • Salarios para unha vida digna: Os soldos que reciben os traballadores do Sur condénanlles a ser escravos da pobreza.
  • Non á explotación infantil: Os nenos e nenas traballan como adultos en moitos países do Sur. Os xornaleiros son axudados polos seus fillos e fillas para así aumentar os ingresos. As situacións de extrema pobreza que viven as familias fórzanlles a iso.
  • Igualdade entre homes e mulleres: É habitual que a muller cobre un salario inferior por realizar o mesmo traballo que un home, as mulleres están sistematicamente discriminadas no plano social e económico.
  • Respecto ao medio ambiente: A sobreexplotación dos recursos naturais compromete o desenvolvemento dos países do sur.
  • Dereitos laborais: A ausencia de dereitos laborais dificulta a obtención dunhas condicións de vida e traballo máis dignas.

Cales son os obxectivos do Comercio Xusto?

  • Sensibilización da opinión pública e dos consumidores.
  • Presión política sobre os gobernos e as multinacionais.
  • Comercialización de produtos procedentes de organizacións produtoras dos países do Terceiro Mundo a prezos equitativos.

Que vantaxes presenta o Comercio Xusto fronte ao comercio convencional?

Os produtores pequenos non ven marxinados dos mercados, son recoñecidos pola súa historia e experiencia, fortalecendo así a súa identidade produtiva e cultural. O seu esforzo é premiado cun prezo xusto e habitualmente mellora a súa relación con outros actores do comercio convencional.

Os consumidores tamén se ven beneficiados xa que os produtos comercializados a través do Comercio Xusto caracterízanse por maior transparencia, deben incorporar os custos ambientais e sociais asociados á súa produción, por tanto, trátase de bens elaborados con maior respecto das condicións do medio ambiente e son obtidos en mellores condicións laborais para os traballadores. Outra vantaxe é a posibilidade de recoñecer a orixe destes produtos.