Proposición de Lei de medidas para reforzar a protección aos debedores hipotecarios, reestruturación de débeda e aluguer social”

As medidas contempladas na “Proposición de Lei de medidas para reforzar a protección aos debedores hipotecarios, reestruturación de débeda e aluguer social” non dan resposta á gravidade e dimensións do problema hipotecario xerado en España e do que son vítimas centos de miles de persoas.

Esa é a valoración xeral de ADICAE en relación a un texto que non só non establece medidas urxentes fronte ao crecente risco de perda das súas vivendas que afrontan as 200.000 familias inmersas en procedementos de execución hipotecaria (segundo datos do CGPJ) e outras 300.000 que están ao límite das súas capacidades, senón que non contempla reformas de fondo ante unha lexislación hipotecaria xa recoñecida como anticuada, inxusta e abusiva por innumerables institucións españolas e europeas.

A limitación ás costas xudiciais (o 5% da cantidade reclamada) supón 10.000 euros de débeda engadida para unha hipoteca de 200.000 euros, o que segue resultando abusivo e gravemente prexudicial para os hipotecados.

De acordo aos intereses da banca, séguese tentando lexitimar o uso de cláusulas “suelo”, hipotecas multidivisas e contratos de cobertura de tipos, que supuxeron a ruína para millóns de familias e constitúen prácticas, condicións e contratos abusivos.

Ante esta situación  a orientación dun debate centrado na denominada “dación en pago” terminouse convertendo nun obstáculo ao adecuado desenvolvemento da proposición de lei. Por iso,  a asociación dirixirase a todos os senadores de todos os grupos políticos para instarlles a incorporar ao texto que remitirá o Congreso toda unha serie de emendas e melloras que permitan que a norma final supoña avances de calado e responda con eficacia aos graves problemas existentes. Continuará realizando Foros Hipotecarios durante as próximas semanas coa presenza de membros de organizacións sociais, expertos e institucións para axuntar esforzos co fin de desenvolver e esixir medidas realmente efectivas que resolvan os problemas de fondo da estrutura hipotecaria.

Ademais, ADICAE considera xa inaprazable a adopción, ben sexa mediante a norma en tramitación, ou a través dun Real Decreto, da moratoria de paralización por tres anos de todas as execucións hipotecarias iniciadas e por iniciar sobre aquelas familias que, tanto por razóns sobrevindas como polas prácticas abusivas da banca, atópense coa imposibilidade de facer fronte ás súas hipotecas.

Real estate

Esta entrada foi publicada en Sin categoría. Ligazón permanente.

Deixar un comentario