INTERNET SEGURO

Todos temos o dereito á protección de datos. Este dereito consiste na nosa capacidade de controlar o uso que poida facer dos nosos datos calquera organización.

Dato persoal é unha información que nos identifica ou nos pode facer identificables, como o nome, o NIF, unha fotografía ou unha gravación da nosa voz.

Para garantir o dereito á protección de datos, quen queira utilizar os nosos datos debe informarnos e no seu caso pedirnos permiso. Todas estas cuestións regúlanse pola Lei Orgánica de Protección de Datos Persoais.

Os nosos fillos tamén teñen o dereito á protección de datos e debemos coñecer as regras que nos permitan protexelos. Os menores atópanse particularmente expostos ao uso da súa información persoal. Os seus datos non só son relevantes no ámbito escolar ou na saúde. Hoxe, na sociedade da información os datos persoais dos nosos fillos poden ser obxecto de utilización con fins
comerciais, no ámbito do lecer e sobre todo en Internet.

Aquí podemos atopar información e recomendacións que nos axudarán a protexer os seus datos.