ADHESIÓNS

1. Censo de empresas adheridas á Xunta Arbitral

Se desexa saber se unha empresa está adherida, pode porse en contacto co IGC mediante o enderezo de correo electrónico igc@xunta.es

2. Adhesión de empresas

A adhesión ao Sistema Arbitral de Consumo por parte das empresas pódese producir de dúas formas:

  • Oferta Pública de Sometemento ao Sistema Arbitral de Consumo: A través desta oferta un empresario manifesta publicamente que todos os conflitos que se presentan cos consumidores poderán ser resoltos por este sistema se o consumidor así o desexa. Esta oferta, ademais, permítelle utilizar o logotipo aprobado oficialmente de adhesión ao sistema, como un símbolo de distinción dentro do mercado.

    Esta oferta non ten que ser xeral xa que pode o empresario limitala, por exemplo, a determinados conflitos ou relacións. Neste suposto, tamén se pode ostentar o distintivo de adhesión o sistema arbitral de consumo, pero a utilización do logotipo non pode inducir a erro o consumidor.

  • Para caso concreto: Neste suposto un empresario adhírese ao sistema para a resolución dun conflito concreto, non podendo neste caso utilizar o distintivo

Descarga do modelo AQUI

3. Adhesión de profesionais

A adhesión ao Sistema Arbitral de Consumo por parte de profesionais pódese producir de dúas formas:

  • Oferta Pública de Sometemento ao Sistema Arbitral de Consumo: A través desta oferta un profesional manifesta publicamente que todos os conflitos que se lle presenten cos consumidores poderán ser resoltos por este sistema, se o consumidor así o desexa. Esta oferta, ademais, permitiralle utilizar o logotipo aprobado oficialmente de adhesión ao sistema, como un símbolo de distinción dentro do mercado.

    Esta oferta non ten que ser xeral xa que pode o profesional limitala, por exemplo, a determinados conflitos ou relacións. Neste suposto, tamén se pode ostentar o distintivo de adhesión ao Sistema Arbitral de Consumo, pero a utilización deste non pode inducir a erro o consumidor.

  • Para caso concreto: Neste suposto un profesional adhírese ao sistema para a resolución dun conflito concreto, non podendo neste caso utilizar o distintivo.

Descarga do modelo AQUI