AUTOMÓBIL

No prazo de garantía o meu vehículo debe sufrir unha reparación, debe o concesionario entregarme un coche de substitución durante o tempo que dure a reparación ? De que prazo máximo dispoñen para realizar esta?

A entrega do vehículo de substitución durante o período de reparación dunha avaría en garantía deberá constar por escrito no documento que lle entregaron cando mercou o coche.

En canto ao prazo máximo para realizar a reparación, a Lei de garantías non fixa un prazo determinado senón que se refire a “…deberá levarse a cabo nun prazo razoábel e sen maiores inconvenientes para o consumidor, tendo en conta a natureza dos bens e a finalidade que tivesen para o consumidor”.

Deixar un comentario