Arquivo
ETIQUETAS
aulas abertas cociña de tempada COMERCIO XUSTO compañía eléctrica dereito a esquecemento economia domestica empregados fogar etiquetaxe FACEBOOK FRAUDE inteco lei galega de consumo naufraxio costa concordia pescada PLAN MUNICIPAL DE CONSUMO; DEREITOS E QUEIXAS PROTESES PIP QUEIXAS E SUXESTIONS RETIRADA MERCADO seguridade cidadá spanair subida luz TRAMITACIÓN QUEIXAS zocamiñocaPREVENCIÓN E SEGURIDADE CIDADÁ
AVISO LEGAL
O dominio www.omicculleredo.org e de titularidade do concello de Culleredo OMIC CULLEREDO non se fai responsable dos danos e prexuízos que puidese ocasionar a utilización das ferramentas e informacións contidas no blogue en relación coa adopción de decisións sobre o inicio, desenvolvemento ou resultado de procedementos administrativos. Tales decisións deben ser contrastadas nos centros, organismos ou dependencias competentes. En calquera caso, a información e contidos deste blogue non poderá ser alegada en procesos contraditorios coa Administración Pública, non asumindo responsabilidade algunha polas discrepancias que puidesen existir entre os documentos impresos da Administración competente e a publicación electrónica nestas páxinas. Neste sentido, non se garante que un documento normativo dispoñible en liña reproduza exactamente un texto adoptado oficialmente, polo que unicamente se considerarán auténticos os textos legais publicados nas edicións impresas do Boletín Oficial do Estado (BOE), do Diario Oficial da Unión Europea ou calquera outro Boletín ou Diario de carácter oficial.
Máis do 30% da pescada que se vende en España é falsa
Entre o 31 e o 39 por cento da pescada etiquetada como pescada en España corresponde á pescada surafricana, variedade máis barata que a pescada europea ou pescada americana, segundo un informe publicado por OCEAN2012 que revela que se están comercializando e mesmo etiquetando especies de menor calidade como especies moito máis valiosas e raras.
Deste xeito, a coordinadora de OCEAN2012 en España, Lydia Chaparro, explicou que en ocasións “o público é vítima dunha fraude importante; o peixe está mal etiquetaxe e fano pasar por un peixe de maior categoría e mesmo como de pesca sustentable”.
“A UE ten unha das zonas de pesca máis ricas do mundo, pero fallou en establecer unha xestión responsable”, afirmou Chaparro. Ao seu xuízo, “os consumidores teñen a responsabilidade de elixir con coidado o que comen e de alentar aos políticos a tomar as medidas para acabar coa sobrepesca”.
O consumo de produtos do mar medra un 15 por cento ao ano e “está a crear un déficit no abastecemento de peixe salvaxe, que levan a cabo os buques da UE en augas afastadas, acuicultura e peixe importado”. Segundo denuncia a organización, a presión sobre a pesca, o procesado e o sector comerciante polo miúdo para atopar novas fontes sen reducir os beneficios, está a crear as condicións que favorecen a etiquetaxe incorrecta, “co obxectivo de vender especies inferiores a un prezo máis elevado”.
OCEAN2012 é unha alianza de organizacións cuxo obxectivo é transformar a Política Pesqueira europea para deter a sobrepesca, acabar coas prácticas pesqueiras destrutivas e garantir un uso xusto e equitativo dos recursos pesqueiros.
As eléctricas prorratearán a subida de luz obrigada polo Supremo
As compañías eléctricas cargarán sobre o recibo da luz durante todo este ano o importe correspondente aos autos do Tribunal Supremo que obrigan a revisar a alza as peaxes eléctricas desde outubro do ano pasado.
Para iso, o Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo publicou este xoves no BOE unha orde ministerial na que fixa o mecanismo para aplicar esta refacturación.
Podes descargalo premendo AQUI
Segundo indica a orde, o importe da revisión á alza desde outubro do ano pasado se prorrateará nos recibos de luz de 2012, de modo que os consumidores farán fronte de forma fraccionada a este pago.
Como xa indicou o Goberno, a aplicación dos autos do Supremo provocou a subida nun 7% da Tarifa de Último Recurso (TUR) en abril. Dito doutro xeito, o prorrateo ao que farán fronte os consumidores a partir de agora equivalerá ao 7% do prezo actual.
Para que os consumidores entendan a medida, a orde ministerial obriga ás eléctricas a remitir xunto ao próximo recibo unha carta explicativa e a desagregar durante os próximos meses na factura cada unha das partidas.
”As facturas emitidas polos comercializadores até o 31 de decembro 2012, recollerán de forma separada os conceptos correspondentes a cada período para o que corresponda realizar a refacturación”, afirma a norma publicada este xoves.
En concreto, as eléctricas especificarán o período ao que corresponde a refacturación, o consumo do devandito período e a contía correspondente á refacturación complementaria que se imputa en cada unha das facturas.
OBRADOIRO DE COCIÑA SAUDABLE E RESPONSABLE CON ZOCAMIÑOCA
Grazas á xente de Zocamiñoca, cooperativa de consumo responsable, podemos ofrecervos esta semana, un obradoiro gratuíto de Cociña de Tempada, donde elaboraremos un menú completo, que despois degustaremos.
Animadevos a participar. As prazas son limitadas.
DEREITOS E TRAMITACIÓN DE QUEIXAS E RECLAMACIONS
Publicado en evento
Etiquetado PLAN MUNICIPAL DE CONSUMO; DEREITOS E QUEIXAS, QUEIXAS E SUXESTIONS, TRAMITACIÓN QUEIXAS
Deixar un comentario
NOVA LEI GALEGA DE CONSUMO
LEI 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias.
I Exposición de motivos
En virtude do artigo 30.I.4 do Estatuto de autonomía de Galicia, e de acordo coas bases e a ordenación da actuación económica xeral e a política monetaria do Estado, correspóndelle á Comunidade Autónoma galega, nos termos do disposto nos artigos 38, 131 e 149.1.11.ª e 13.ª da Constitución, a competencia exclusiva en materia de defensa do consumidor e do usuario, todo isto sen prexuízo da política xeral de prezos e da lexislación sobre a defensa da competencia.
Podes descargar o texo premendo AQUI
![Día_CJ_Crece_Coruña[1]](http://omicculleredo.files.wordpress.com/2012/05/dc3ada_cj_crece_coruc3b1a1.jpg?w=640&h=904)








